venres, 20 de abril de 2018

CONVIVENCIAS EN VILAMEÁN (CREARTE)

Durante toda esta semana realizamos con todo o alumnado do Cra, convivencias en Vilameán. Alí, desenvolvemos a nosa creatividade, imaxinación e convivimos con outras escolas, coñecéndonos un pouco máis.
Acudimos no seguinte orde:
Luns: Barro, Estás e Aurora
Martes: Seixo 2 e Figueiró
Mércores: Vilachán, Forcadela e Carregal
Xoves: Seixo 1, Amorín e Vilameán
Venres: Seixo 3 e Taborda.
Nesta ocasión e en colaboración coas familias que aportaron distintos materiais, pintamos e decoramos tellas, cús de botellas de plástico e creamos mandalas con tapóns. A idea é que os patios das distintas escolas se enchan de cores coa chegada da primavera.
Esperamos que vos guste!






 






2 comentarios:

  1. Pasámolo xenial. Grazas Cris por resumilo de xeito tan fermoso.

    ResponderEliminar
  2. Son uns artistazos! A creatividade está no ambiente. Bravo!!!

    ResponderEliminar