xoves, 30 de marzo de 2017

SEMANA DE CRARTE

A semana do 13 ao 17 de marzo, desenvéronse os talleres de Crearte na Escola de Vilameán, aos que asistiron por quendas as diversas escolas do Cra, para vivir experiencias xuntos.


  O LUNS 13 foi o turno das Escolas de AMORÍN, AURORA e VILACHÁN, que realizaron 3 talleres creativos talleres: un de mandalas con elementos naturais, outro de creación de estrructuras e un de murais con estampación.





O MARTES 14 xuntáronse o SEIXO 3 e TABORDA, que fixeron un  taller de cociña a partir do conto "A casiña de Chocolate" e outro relacionado coa phehistoria.






















O MÉRCORES 15 foi o turno das escolas de ESTÁS, VILAMEÁN e CARREGAL, que gozaron dunhas sesións de movemento e vivencias creativas.






O XOVES 16 xuntáronse FIGUEIRÓ e o SEIXO 2 e  realizaron divertidos talleres de movemento e experimentación.




 E o VENRES 17 foron o SEIXO 1, BARRO e FORCADELA, que levaron a cabo un taller de area e minimundos, experiencias coa luz e un contacontos.








Nestes días de convivencia, os cativos e cativas disfrutaron moito con compañeiros/as doutras escolas do Cra que non ven a miúdo, e pasárono xenial, xa están desexando repetir !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario